Optimizada 1280 pixels de ancho

viernes, 29 de junio de 2012

Recuperando a memoria histórica Galega III - César Alvajar


Nota: Parte del texto está en gallego, lengua de nuestra Galicia, si usted tiene problemas en entenderla contactenos y le enviaremos una traducción al español

César Alvajar Diéguez naceu na Coruña en 1892 e faleceu no exilio, en París, en 1965. En 1911 encontrámolo como cofundador e redactor dun semanario, La República, no que participaba Xaime Quintanilla Martínez. Licenciaríase en Letras en Santiago.

Nestes anos colabora en El Progreso e Tierra Gallega. Dirixirá o semanario La Ciudad e máis tarde traballará como redactor en El Noroeste e La Voz de Galicia. Fundará o semanario republicano Adelante, e escribiría en Democracia, Acción Coruñesa, Marineda, A Nosa Terra, SER, Galicia, Lar...


Casaría coa mestra Amparo López Jeán. Xa en Francia, e viúvo, casaría en segundas nupcias con Marthe Chardot.

Publicou varios libros: El espionaje alemán en las costas de Galicia, Voces al Viento, El regionalismo gallego: origen, desenvolvimiento. Soluciones posibles e Estudio crítico del poeta Pondal
.
Como consecuencia dos sucesos da folga revolucionaria de 1917 é encarcerado no castelo de San Antón.

Foi xefe de Negociado do Concello da Coruña e secretario particular do alcalde Iglesias Corral, presidiu a Asociación de Empregados Municipais e impartiu aulas no Colexio Budén. En decembro de 1933 é nomeado Oficial da Academia Francesa.

Foi directivo da Liga Antigermanófila, membro dun grupo antitaurino, presidiu o Casino Republicano e a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. Foi tamén vocal e logo presidente da sección provincial coruñesa da Liga de los Derechos del Hombre e destacado membro da Agrupación “A la Tercera República».

Respecto da actuación política, foi dirixente, antes da II República, da Juventud Republicana. Proclamada a República, presidirá na Coruña o Partido Republicano Radical, militando e sendo dirigente, máis tarde, no Partido Republicano Radical-Demócrata e posteriormente en Unión Republicana.

Por uns sucesos acontecidos no Casino Republicano durante a Revolución de Asturias de outubro de 1934, será encarcerado e procesado, acusado de rebelión. No consello de guerra resultaría absolto.

En 1936 participa nos mitins en defensa do Estatuto e forma parte da comisión de deputados e compromisarios galegos que entrega en Madrid o anteproxecto de Estatuto de Autonomía.

En xuño de 1936 foi nomeado gobernador civil de Soria. Nos sucesos de xullo non pode facer fronte á sublevación, pero consegue saír da cidade, na compaña da súa esposa e da súa filla María Teresa, cara Guadalajara e logo Madrid. No transcurso da guerra civil traballara na Xunta Central de Defensa de Madrid e en varios departamentos do ministerio de Sanidade e Asistencia Social, tanto en Madrid como en Valencia e Barcelona. Na capital levantina uniríaselles outra filla, Amparo, que aquí casará con Arturo Cuadrado, tamén masón, da loxa Libredón de Santiago, sendo o padriño de voda Castelao. Durante a Guerra Civil publicará en xornais como El Mercantil Valenciano, Propaganda, Informaciones, La Vanguardia ou Blanco y Negro.

O 1 de febreiro de 1939 consigue permiso para trasladarse a Francia. Afortunadamente non ingresa en ningún campo de concentración. En novembro de 1936 habita no refuxio masónico de Littry (Calvados), ata marzo de 1940, pasando logo a residir en Vimoutiers. E chega a ocupación alemana. En outubro de 1940 Alvajar e a súa familia trasládanse a Vichy, onde permanecerán pouco tempo, sendo confinados posteriormente en Montauban. Conseguirá que a legación dos Estados Unidos Mexicanos en Francia lles facilite unha axuda e os acepte como emigrantes cara México, pero non marcharán. Entre 1942-1945 será director da Escola Española patrocinada pola delegación de Montauban dos Cuáqueros americanos.

A finais de 1945 é designado director dos servicios de propaganda e prensa republicana española en París. Será un dos conselleiros do Bloque Repubricano Nazonal Galego, creado en Toulouse a principios de 1946.

Dirixirá o voceiro gobernamental La Nouvelle Espagne. Non coñecemos a causa, pero terá problemas co Goberno republicano.

En 1947 é nomeado redactor da Secretaría Xeral do Ministerio de Propaganda do Goberno Republicano. En 1948 é correspondente da publicación Libertad, órgano oficioso de Unión Republicana. Na seguinte década traballará como xornalista da Axencia de Prensa Intercontinental, publicando en xornais hispanoamericanos, colaborando en Cuadernos del Congreso para la libertad de la Cultura, coa Editorial Larousse, en programas de radio… A mediados dos anos 50 preparaba unha antoloxía da poesía cívica galega. En 1963 dirixe República, órgano de ARDE, sendo nomeado para o Consello Nacional desta organización.

Despois de case 10 anos de conversas,  en 1958 é nomeado delegado do Consello de Galicia e das Irmandades Galegas en Francia. Como Delegado do Consello de Galiza participación no Consello Federal Español do Movemento Europeo e na Unión de Forzas Democráticas. Contribuirá a fundar, xunto co seu fillo Francisco Javier (masón tamén, e que acadaría o grado 33º) e outros galegos residentes en París, a Casa de Galicia de París e a Irmandade Galega de París. 

Pertenceu á loxa coruñesa Pensamiento y Acción, nº 11, do GOE. O seu nome simbólico era Desmoulins, e acadaría o grao 4º. Ocupaba o cargo de orador adxunto.

Exiliado en Francia, o seu amigo, o masón coruñés Jesús Mejuto, que fora o secretario de Pensamiento y Acción nº 11 da Coruña, e que residía nestes momentos en Montauban, avalará nese país a súa condición de masón, ao non dispoñer Alvajar da súa documentación.

Non sabemos se xa formaba parte da loxa Franklin Roosevelt, da Masonería española no Exilio, pero no seu arquivo persoal conservouse un curioso poema, na nosa opinión claramente masónico, que está datado o 28 de setembro de 1941, cando xa residía en Montauban, e titulado “La misma luz”.

Respecto á súa actividade masónica na loxa citada, ocupa nela, polo menos en dúas ocasións, o importante cargo de Primeiro Vixilante, nos anos 1944 e 1946. En 1949, segundo as súas propias palabras, retirouse da actividade masónica.

Sendo membro desta loxa, acude, como “garante de paz e amizade”, á inauguración doutra loxa composta por exiliados españois, a España –radicada en París-, pronunciando un discurso de salutación:

V.M. y hermanos:

Un especial mandato de la respetable logia Franklin Roosevelt, de los Valles de Montauban, me confía la misión de representarla en este solemne acto y dejar establecidas expresamente las relaciones fraternales entre aquel taller, creado con sigilo y cautela en los días sombríos de la ocupación germánica, y este otro que hoy se instala, a plena luz del día, en jornadas más favorables, ante un horizonte despejado, con todas las exigencias rituales y las ceremonias simbólicas de una rigurosa liturgia.

Me place sobremanera transmitiros el saludo y los parabienes de aquellos h.nos de Tarn y Garonne, y por mi cuenta he de añadir, con íntima satisfacción, que vuestros nobles anhelos de superación masónica, vuestros legítimos propósitos de dignificar y acrisolar nuestra Orden por lo que le toca a España, para conseguir que sea lo que debe ser -es decir, selección de varones austeros, abnegados y ejemplares, que no cofradía de ambiciosos y arribistas- son gemelos de las aspiraciones que animan a la logia montalbanesa a la que tengo el honor de representar. Coincidencia agradable, que es ya un indicio de que, al fin, caminamos por la recta vereda que conduce a una sana y salvadora depuración; de que nos hemos decidido a que el único posible acceso a nuestro cívico Templo sea la puerta estrecha del Sinaí evangélico, por donde sólo puedan entrar los que vengan a cuerpo limpio, ágiles y escoteros, con el corazón en su sitio y el espíritu bien dispuesto a los ejercicios de perfección, sin los bagajes del odio, sin los embarazosos líos del personal egoísmo y sin la enojosa impedimenta de la intolerancia y de los arraigados hábitos profanos.

Sólo si esta depuración y esta superación interna se logran, podrá la Masonería española emprender y acabar la tarea que en el orden nacional y en el internacional le compete, tarea de la que sería inoportuno trazar ahora ni siquiera los perfiles y de la que únicamente diré que, a mi juicio, no ha de ser apolítica como algunos dicen, sino más bien superpolítica en el más alto y también en el más profundo sentido del vocablo.

Y bien, V.M. y q.s hnos: Advierto que el lícito margen para el cumplimiento de mi estricto mandato está excedido. Termino felicitándoos y deseando a vuestra logia “España” una vida fecunda. Vuestro celo ritual, vuestra escrupulosidad litúrgica, vuestro cuidado del detalle son excelentes auspicios para quienes conocemos o poseemos la intuición del valor esotérico de esas fórmulas y ceremonias. Para algunos masones, desgraciadamente –tal fueron de anchas algún tiempo las puertas del templo- toda la Masonería se reduce a esas externidades, de las que ni siquiera alcanzan el sentido oculto. Pero yo sé que para vosotros y para nosotros, para la logia “España” y para la logia “Franklin Roosevelt” y, por fortuna aún, para otras logias y para muchos masones españoles, detrás y por encima de esas fórmulas y ceremonias, y por encima de todo, están las ideas inmortales, los valores eternos del espíritu, el ansia de paz, de justicia y de progreso, lo permanente e imperecedero, lo que no se extingue ni se marchita; y esto es en suma lo que importa, porque en ello estriba la verdadera Masonería.

V.M. y q.s hnos: Que la liturgia resplandezca; pero que la Libertad, la Igualdad y la Fraternidad no sean palabras vanas.

Y este es el modesto mensaje que os aporto en nombre propio y en el de los h.nos de la logia de Montauban.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todos los comentarios son revisados por un moderador.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...